The way points of this bicycle route:
Coñecedia popularmente como o castelo de “A Porteliña “formaba parte das catro fortificacións que protexían a Lagoa de Antela (Pena, Sandiás, Celme e Porqueira).
Claustro do mosteiro do "Bon Xesús de Trandeiras". A oito quilómetros de Xinzo atópase o “Mosteiro do Bón Xesús “ de Trandeiras, no que sobresáe entre outros restos históricos o seu claustro, que se conserva case íntegro, tén unha forma rectangular, vinteoito arcos conopiais, de coidada molduración, sáen dos capiteis nos que se transforman e asocian elementos en apariencia humilde
Aldea deshabitada recuperada para usos hosteleiros, respectando a configuración e os materiais tradicionais. Conta con 14 casas, dous muíños e un forno comunal
Proxecto de atención as persoas maiores mediante comedores de día e actividades
As areeiras, explotacións mineiras de extracción de area, situadas nos concellos de Sandiás e Vilar de Santos (ambolosdous na comarca ourensá da Limia) constitúen un espazo natural de grande importancia para as aves acuáticas.
O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela ubicase no centro da vila de Sandiás.Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela, a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras. Para iso preténdese levalo cabo a través de modernos soportes audiovisuais (cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos humedais, breve documental sobre a lagoa de Antela, etc.), paneis interpretativos, explicacións didácticas, etc.
O Museo está instalado na antiga casa rectoral da parroquia de Vilar de Santos. Ten seis salas nas que se mostran aspectos relevantes da vida tradicional da vila
Tres miliarios (Milla LXVII) da Vía Nova ou Vía XVIII que unia Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga) estando o de maior tamaño dedicado ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).